Celebración do Dia do Libro na Biblioteca de Ribadavia
Uns 130 nenos de Educación Infantil e do CRA Amencer asistiron o 25 de abril ao contacontos “O aviador” da compañía Elefante Elegante dentro do programa Ler conta moito, para celebrar con nos o Dia do Libro. O contacontos levouse a cabo no auditorio da Casa da Cultura, onde está situada tamén a biblioteca e foi moi ameno e interactivo cos nenos, misturando unha curuxa de monicreque e teatro de sombras.