O Duende Dada na BPM do Saviñao
Día 31 de maio de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para clausurar por todo o alto o mes das Letras Galegas, no que ademais de clausurar a exposición bibliográfica de Roberto Vidal Bolaño, quixemos celebrar a entrega de premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil “Letras Galegas” (convocado anualmente pola Biblioteca Nodal de Lugo).
Para rematarmos a a festa, o Duende Dada de Eduvía, dentro do programa Ler conta moito, tróixonos contos moi variados e divertidos, co último dos cales, unha nena de 12 anos que traballaba recollendo algodón, á que un día lle falaron dun sitio maravilloso chamado O MAR, e decidiu ir coñecelo.
Co conto, ensinounos unha canción nun idioma novo para nós (o wólof) e un baile moi simpático que acompaña a canción do conto, que só algúns valentes bailaron co duende. Cada parte do conto conta cunha estrofa da canción (cando está recollendo algodón facendo bólas con el, cando inicia a viaxe facendo autostop e cando chega a ver o mar e bota crema protectora) e un baile con movementos que imitan a acción que fai a protagonista:
Paké tume tume papa paké tume tume pá
Tutué tutue tata tutué tutue tá
Iene iene ieneiá, iene iene ieneiá
O Duende Dada tamén nos dixo que tódolos libros da biblioteca se poden ler alí, pero que moitos tamén se poden levar libros para a casa se se é soci@ da biblioteca e cales son os requisitos para facerse soci@. Complementariamente á actividade, temos unha selección de libros de animais para coñecer as características dos que escoitamos na sesión Contacontos animaliños do Duende Dada.