Contos para todos na BPM do Saviñao
Día 28 de xuño de 2013, ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Manuel Solla, de Expresión Produccións, cos seus Contos para todos pertencente ó programa Ler conta moito. Despois de atopar a súa maleta máxica perdida, foi sacando dela un feixe de personaxes impresionantes, o que máis sorprendeu ó público foi o seu “Libro Máxico” da Princesa de labios de fresa do que ían xurdindo personaxes que non esperabamos e que cada vez nos sorprendían máis: unha malvada bruxa, unha ra, un dragón, e por fin un príncipe.
A súa perezosa mascota Pelusa axudoulle na súa actuación, que consistiu nun espectáculo de títeres, contacontos, maxia, animación, clown e música en directo.
Quedamos para volver xogar coas personaxes dos Contos vivos que nos traia Manuel en setembro.
Gustounos xogar e tocar a Pelusa, a mascota axudante de contacontos e experta buscadora de maletas.
Rematamos así as sesións de contacontos de último venres de mes ás 5 da tarde, pois ó longo do verán os contacontos terán lugar ás 12 do mediodía e a partir de setembro cambiarán de día.