autores con pegada…na BPM do Saviñao
DÃa 3 de agosto de 2018 ás 12:00, na biblioteca de Escairón
Chegou agosto e chegaron as festas. E na biblioteca quixemos deixar pegada! Fixémolo xusto antes das festas patronais coa sesión de contos que despertou a nosa creatividade con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Autores con pegada,
da man de Anxo, de Menos dá unha pedra
o 3 de agosto, ás 12:00 na sala infantil
Costou un pouco facer caso das instruccións, pero finalmente conseguimos obter un resultado digno de enmarcar e colgar na parede.
Os pasos básicos eran: cada dedo cunha cor, mollar un pouco a punta do dedo, secar na esponxa o exceso de pintura, e deixar a nosa pegada no papel,…
Despois de que secara, o que fixemos foi practicar a crear personaxes (gatos, ratos, elefantes, monstros,…); usando un rotulador engadimos detalles coma ollos, orellas, patas,…
Cando practicamos varias veces, pasamos ó tema serio: crear unha escea! Para ela usamos un folio de cores e deixamos voar a imaxinación e valémonos das suxestións: unha piña, un dente de león, unha paisaxe,… E saÃron cousas preciosas
Como non seguimos ben as instruccións, e quedaron moi cargados de pintura, os debuxos tivemos que poñelos a secar nunha mesa para podelos levar para a casa.
Pero o máis importante é que descubrimos o valor da nosa pegada e aprendemos a usar os nosos dedos para crear arte.