Deixa o móbil e debuxa…na BPM do Saviñao
Día 7 de abril de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para celebrar o Día do Libro Infantil (2 de abril) e en vista dos 2 certames de debuxo que temos convocados (Debuxo infantil Letras Galegas 2017, e Certame Mulleres de Lemos en modalidade de Banda Deseñada sobre Balbina López Somoza) deixamos o móbil e puxémonos a debuxar con esta actividade do catálogo Ler conta moito:
Obradoiro de tiras cómicas e viñetas
deixa o móbil e debuxa
da man de Hermanager
o 7 de abril, ás 17:00 na sala infantil
Empezamos cunha práctica con personaxes que xa coñeciamos, para que nos fora un pouco máis fácil perder o medo a comezar a debuxar.
Calculamos as perspectivas e vemos que aínda que non saia “calcado” tamén queda ben. Ningún debuxo é coma outro e podemos facer moitos trazos a lápis para ver cal nos gusta máis e ese será o que repasemos a bolígrafo ou rotulador.
Vemos os diferentes tipos de viñetas, planos e os “bocadillos” que serven para falar, pensar, susurrar, mostrar medo, etc. Un montón de recursos que nos serven para expresar cousas sen necesidade de escribir.