Entre arrolos e aloumiños na Biblioteca de Meis
O pasado 8 de maio tivo lugar na Biblioteca Municipal de Meis unha fantástica sesión de contacontos e música a cargo do grupo Migallas, dirixida a bebés e nenos pequenos acudindo á cita máis de medio cento. Os nenos e nenas gozaron dos contos e as cancións interpretadas polos dous artistas cos que tamén bailaron ó remate da actuación.