Os días 5,12,19 e 26 de agosto os nenos de noso concello convertéronse en : directores, produtores e guionistas de curtas de animación, baixo a supervisión de Minia e Paul.
O día 15 de maio Talía Teatro representou “Pequena” dentro da programación da BPM de Oroso para a celebración das Letras Galegas 2013. A protagonista fixonos reflexionar sobre o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden ser as cousas grandes. Historia da que gozaron grandes e pequenos do noso concello.
O día 13 de maio dentro da programación da semana das Letras Galegas na sala infantil da biblioteca municipal de Oroso tivo lugar o obradoiro “Títeres nas mans” no que os nenos/as crearon sobre as súas mans os personaxes das historias que ían inventando.
O día 23 de abril con motivo do día internacional do libro na sala infantil da biblioteca municipal de Oroso celebrouse o obradoiro “Instantáneas de plastilina”. Os participantes a través da plastilina déronlle vida aos personaxes das súas historias.
O xoves 22 de agosto a ratiña Maruxa da Compañía “ TrinkeTrinke” deleitou os nenos cunha selección de contos de ratiños moi divertida e participativa, o rematar a actividade aproveitaron para levar en préstamo unha selección de contos de ratos.
O mércores 21 de agosto recibimos a visita do mago Crystyan Magic, co espectáculo “Na senda da Serpe Alada”, maxia e literatura foron unhas boas compañeiras para esta Semana Cultural en Ponte Caldelas.
O martes 20 de agosto recibimos a visita de Raquel Queizás co obradoiro “ Historias da Maletra”. A actividade tivo lugar na biblioteca, foi unha sesión moi divertida e participativa para os nenos que aproveitaron para levar os contos en préstamo que ela escenificou.
Recentemente (os días 6, 7 e 9 de Agosto) tivemos a sorte de contar con Xes Chapela na Biblioteca Municipal de Ágora na Coruña, conducindo o obradoiro creativo Libros, imaxes, curtametraxes. Todo un exercicio de creatividade vencellado aos libros, e neste caso aos cómics, xa que o obradoiro formaba parte das actividades que dende as Bibliotecas Municipais da Coruña se viñeran preparando para celebrar o mes do cómic e en colaboración co Concello da Coruña e o programa Ler Conta Moito.
Se ben a afluencia nas inscripcións foi máis ben reducida, as duas persoas que acudiron ao obradoiro, dada a formación dunha delas, derivou nunha complicidade propia na que se mezclaba a creatividade e o interese no mundo audivisual de xeito directo. Así, aproveitando a celebración nesa semana do festival de cómic Viñetas desde o Atlántico, durante os dous primeiros días decidiuse montar unha curta que recollera o espíritu do cómic na cidade e amosar a grande cantidade de eventos que se estaban a celebrar en diferentes espazos, todos eles en relación ao cómic.
O resultado tomará forma de curtametraxe tomando como escenarios os diferentes espazos expositivos da cidade, as charlas dos autores presentes no festival de Viñetas, e todo o ambiente que na cidade se estaba a respirar mentras se celebraba toda a semana. Así que desde as Bibliotecas Municipais da Coruña invitámosvos a seguir o noso blog de cómic, onde será publicado o resultado creativo deste obradoiro en canto estea rematado.
Un placer contar con Xes e o seu entusiasmo creativo!
Con Sarabela Teatro cociñamos acompañados de música e viaxamos a África.
O mércores 14 de agosto recibimos a visita de Raquel Queizás coas súas “Historias da maletra”.
Raquel achegounos diversos contos tradicionais a través de diferentes obxectos que aparecían na súa “maletra”. Resultou unha sesión moi participativa e divertida.
Séguenos