Lembranzas de Díaz Castro de Xandobela na ALM Os Tilos (Teo)
Contacontos musical a cargo de Xandobela Teatro na ALM de Os Tilos o venres 16 de maio, a través dos textos de ‘Nimbos’ percórrese a traxectoria do poeta chairego Díaz Castro (homenaxeado no Día das Letras Galegas), cunha revisión actual, profunda e amena, á súa achega ás Letras e en especial á poesía e á tradución. Pensado para nenos e nenas a partir dos 8 anos. Acompañouse cun centro de interese preparado polo persoal da biblioteca de Díaz Castro e as Letras Galegas.