CONTACONTOS A HISTORIA DE BRANCAFLOR NA ALM OS TILOS (TEO)
O sábado 22 tivemos na ALM OS Tilos (Teo), como preámbulo ó Día das Bibliotecas a Fran Rei que trouxo a Historia de Brancaflor, á lenda popular da filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma ‘Contos Marabillosos’. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.

A Historia de Brancaflor de Fran Rei na ALM Os Tilos (Teo)
O público foi parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma foi imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.