Día 18 de outubro de 2019 das 10 da mañá ata case a medianoite, na biblioteca de Escairón
Na Biblioteca Pública Municipal do Saviñao, despois do éxito acadado nas cinco edicións anteriores, volveremos adiantar o Día da Biblioteca e celebrar o Día da Biblioteca – Noite na Biblioteca, con actividades de moi diverso contido, nas que, empezando coas visitas escolares ó longo de toda a mañá e obradoiros, contacontos e encontros con autoras pola tarde ata rematar case a medianoite, participaron máis de 200 persoas.
Este ano acompañáronnos Antía Yáñez coa actividade Rescate na biblioteca e a narradora Sole Felloza coa sesión Bolboretas (ámbolas dúas do repertorio do programa Ler conta moito), que visitaron a Biblioteca para celebrar con nós este día tan especial.
Este foi o Programa completo:
Visitáronnos estudantes de 6º de Primaria e 1º da ESO. Tiveron unha sesión práctica sobre o funcionamento do catálogo en liña, no que puideron ver como se incorpora un título novo (alumnado de 6º de Primaria) e como poden levar libros para a casa (con exemplos prácticos e reais) e que xestións poden facer por internet co seu carné de soci@s cando xa teñen un libro en préstamo (alumnado de 1º da ESO).
Tamén nos visitou a escola infantil que gozou da bebeteca despois dunha sesión de contacontos en alemán e en italiano ademais de cantar contos en galego.
Despois das visitas guiadas do mediodía, ás 17:00 empezamos coas actividades da tarde entre as que había varios obradoiros:
.
Logo da merenda, elaboramos unhas sinxelas buxainas, que nos deron moito xogo:
Resolto o xogo de pistas da escritora Antía Yáñez, a petición de alumnos e alumnas do CPI Dr. López Suárez a quen lles gustou O misterio de Portomarín despois de lelo como lectura obrigatoria fixemos unha sesión improvisada de sinatura de autrógrafos coa autora:
Despois de cear unhas deliciosas pizzas, ás 22:00 chegou a sesión de contos de Soledad Felloza, actriz, contadora de historias, fotógrafa, escritora e dramaturga, e cos seus contos quedamos todos e todas coas bocas e as orellas moi abertas, menudas cousas que nos contou!
Rematamos a festa case á medianoite con música e cancións e coa promesa de volver á biblioteca atopar novos misterios, aventuras e sorpresas.
Esperamos que o pasarades tremendamente e que sigades con ganas de visitar a vosa biblio.
Na Biblioteca Municipal de Lugo celebramos o Día da biblioteca con Olga Abad, de Intres Teatro, e a historia de “Maruxiña e a busca da palabra no tempo”.
Unha historia na que a súa protagonista emprende unha longa viaxe para atopar a biblioteca máis antiga do mundo e que os nenos e nenos seguiron con moito interese.
Onte, 24 de outubro, a Biblioteca Municipal Luís Rei e as diferentes axencias de lectura de Cambados, reunímonos no Auditorio Municipal da Xuventude para celebrar dun xeito especial o Día das Bibliotecas.
O evento comezou cun pregón a prol da lectura e as bibliotecas, que este ano escribíu a galega Ledicia Costas, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2015, e que ela mesma nos remitíu en galego. De seguido, iniciouse unha fermosa contada por parte de Raquel Queizás, “A Orixe”, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito, para todos os públicos. Con ela viaxamos ao Perú xunto con máxicas personaxes e historias da tradición oral andina.
O obxectivo desta celebración non foi outro máis que agradecer aos usuarios da Biblioteca e as axencias de lectura, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades desenvolvidas ao longo do ano. Por eso ao rematar, galardoaronse aos lectores máis activos neste ano, cuns lotes de libros.
O sábado 22 tivemos na ALM OS Tilos (Teo), como preámbulo ó Día das Bibliotecas a Fran Rei que trouxo a Historia de Brancaflor, á lenda popular da filla do Demo- a partir da versión que Xosé Ramón Mariño Ferro recolleu na súa escolma ‘Contos Marabillosos’. Unha trama chea de probas máxicas, encantamentos, romances e maleficios. Unha fermosa historia de amor entre Brancaflor e Xan á que se opón con decidida firmeza o malvado pai da rapaza. Como non podía ser doutro xeito, a narración vén ilustrada con diversos xogos de maxia, que reforzan a comprensión do conto e, sobre todo, fan máis atractivo o espectáculo.
A Historia de Brancaflor de Fran Rei na ALM Os Tilos (Teo)
O público foi parte activa desta montaxe e a súa colaboración na mesma foi imprescindíbel para que o amor entre os dous rapaces protagonistas triunfe sobre as continuas dificultades que se lles presentan.
O Sábado 24 de Outubro estiveron os de “Migallas Teatro” en Corcubión animando coa súa “Merenda con Pan de Millo” a tódolos nen@s e público en xeral que se achegou á Casa da Cultura.
Celebramos así con eles o “Dia das Bibliotecas ” deste ano.
“Miña abuela Manuela”, “Pan de millo” ,“Que cousa, cousiña, é?”, “Os piratas limpos”, “Unha vella tiña un can”,.. son algunhas das cancións que interpretaron, incluídas no libro-cd “Pan de Millo”, de Kalandraka” e coas que conseguiron que os nenos e nenas pasaran un dia inesquecible
Séguenos