O 23 de xullo tivemos a actuación de Leo Leiño na biblioteca de Covelo, dentro do programa das actividades culturais das festas patronais. Pequenos e maiores disfrutaron durante unha hora coa “Máxia Cómica” de Leo e os seus trucos.
A ONG Solidariedade Internacional estivo en Sober coa súa campaña de Educación intercultural para nenos e nenas : “Contos do mundo”.
Na tarde do 24 de xullo os máis novos coñeceron a cultura de Guatemala a través dos contos que unha nena chamada Irene escoitou das avoas e que lle falan da vida neste país de centro américa : os nomes dos primitivos guatemaltecos, que descenden dos indios maias; tamén falou dos animais e da xeografía ; en definitiva unha visita a través dos cinco sentidos e que disfrutamos nesta tarde de verán.
Nenos e nenas achegaronse durante 4 días, do 14 ao 17 de xullo, a biblioteca municipal para realizar os seus propios contos e ilustralos.


O cantautor Pablo Díaz estivo cos nenos e nenas das Pontes cos seus cantacontos para bebés.

Os rapaces das Pontes escoitaron os contos e as cancións da nena e o grilo da man de Magín Blanco. Unha tarde estupenda de música e historias
O 16 de xullo, na biblioteca municipal de Riós levouse a cabo unha actividade moi divertida, nunca mellor dito, os nenos nenas deste concello disfrutaron dunha actividade moi intuitiva combinada cos relatos de varios contos.



Séguenos