O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron unha visita os nenos de Sada.
Un tempo de risas, de actividade, de interacción cos personaxes.
Na Axencia de lectura municipal de Chapela vimos de gozar da maxia dos contos de Charo Pita.
Desta vez a magnífica contadora nos trouxo o seu espectáculo para cativos de 0 a 3 anos. Un primeiro contacto coa biblioteca para estes nenos, que saíron entusiasmados coa experiencia.
Ver máis no Blog das Bibliotecas de Redondela.
A Avoa Youja co seu espectáculo Soñei que era unha árbore visitou a biblioteca municipal de Tordoia o pasado 24 de marzo facendo as delicias dos nenos de 0-3 anos e, como non, as dos seus pais.
O venres 27 de marzo en “Tardes de Contos e Lendas” estivo na nosa biblioteca o Duende Dadá. Tiña moito que contarnos, onde vive, que come, que lle gusta facer e ademais …contos.

O pasado 25 de marzo Marisa Irimia engaiolounos cunha sesión de contacontos para bebes e pequechos titulada “Contos de marmeleiro, anís e limón” dentro da XVIII Campaña de animación á lectura da Biblioteca Pública Municipal de Meis en colaboración coa campaña Ler conta moito da Xunta de Galicia. Acudiron á chamada máis de 30 nenos e nenas do concello así como doutros limítrofes. Dita actividade supón o comenzo da tempada de animación que continuará até fin de curso.

A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia celebrou o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cun espectáculo titulado ” Maxia cómica” da man de Leo Leiño.
Maxia cómica é un espectáculo para nenos e adultos, na que participaron os asistentes. Divertida e sorprendente e relacionada cos libros e contando unha historia que ía unindo os distintos xogos. Vamos….que os nenos pasárono en grande e os pais tamén.
Os nenos de Celanova pasaron un rato moi divertido gracias a actividade realizada pola Asociación Cultural Cucarandainas, grazas a unha sesión de Contos de peto.
O martes 31 de marzo a agrupación Trinketrinke Teatro levou a cabo un contacontos teatral para nenos a partir dos 3 anos. Cincuenta rapaces acompañados dos seus pais gozaron cos contos que a ratiña de biblioteca Lilí Gruyère nos trouxo ata Caldas de Reis.
Os días 30, 31 de marzo e 1 de abril 7 nenos e nenas de Irixoa aprenderon como realizar banda deseñada.


O venres 27 de marzo “Pavís , pavós” estivo na biblioteca de Valdoviño contando os “CONTOS QUE DEIXAN PEGADA” , actividade enmarcada no programa de animación á lectura que se desenvolve os venres pola tarde.


Séguenos