En Coirós pudimos disfrutar tanto grandes como pequeños de “Palabras Confeitadas”, espectáculo de cuentos con sombras y objetos.
O pasado 20 de maio pechamos na Biblioteca Municipal de Meis a tempada de primavera coa presenza da compañía Elefante Elegante e a súa obra O Aviador, que estaba incluída dentro da campaña da Consellería de Cultura Ler conta Moito. Acudiron case un cento de nenos e adultos que gozaron da maravillosa obra mestura de teatro de sombras, monicreques e contacontos. Unha vez máis, agradecer a tódolos veciños a súa participación nesta e noutras sesións.
Até pronto!
Charo Pita visitou a BPM López Cortón co contacontos “triquitraque-traquetriqui”, o pasado 27 de maio. Consistindo en historias, palabras, trabalinguas, xogos co corpo, cancions, algún silencio, en sons sorprendentes, etc. Ademáis de algunha historia contada no colo.
Os nenos participantes foron 45, entre idades de 2 a 3 anos.
Elefante Elegante visitou a BPM López Cortón de Cedeira realizando a actividade Lobo Bobo, sendo una serie de contos clásicos adaptados e acompañados de música.
Participaron 60 nenos entre 7 e 8 anos cun resultado final excelente.
O venres 22 de maio, a rapazada da Biblioteca municipal de Cerceda deu a benvida ao Lobo, dos Contos de Ghazafelhos. Non sabemos se lle quedarán moitas ganas de voltar…o Lobo saíu moi escaldado!!!!
Magnífica!! A posta en escea xunto cos animais e unha animadora deste calibre, metéronse no peto os pequenos nun abrir e pechar de ollos!!
Utilizando diferentes maneiras de representar os contos, o libro de trapo, o libro de rolo e cunha cabra carregada de contiños….
Sen duvida para repetir e recomendar
O pasado día 17 de maio , celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, acompañados do músico Alvaro Muras e o mago Martín Camiña coa actuación de maxia e música “MAXICOSONS” unha aventura entre libros, homenaxeando a Filgueira Valverde. Contamos cun publico familiar, e onde os pequenos participaron dentro do actividade, pasando unha hora moi amena e divertida.
O día 25 de abril, con motivo da celebración do DIA DO LIBRO, que se comemorou o día 23 de abril, na Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa tivo lugaro espectáculo de títeres O Libro da Selva.
A participación foi familiar, os nenos e neñas acompañados de seus país, onde pasaron una rato moi divertido e cheo de intriga.
Velaqui unhas imaxes.

O pasado martes 19 de maio, tivo lugar o contacontos O SOÑO DO RATO con Olga Abad “Intres” na Axencia de Lectura Municipal de Areas (Ponteareas), que nos trouxo moitas historias sobre ratos, ratiñas e gatos. Contounos a historia do rato César que soñaba cos trens, a rata Lavandeira que lavaba a roupa de todos os ratiños do pobo e da gata Renata que non medraba… historias ilustradas con sombras chinesas e monicreques.


Séguenos