FILGUEIRA VALVERDE NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL POETA LOIS PEREIRO DE MONFORTE DE LEMOS
O pasado xoves 21 de maio dous monitores de EDUVIA, Vías para a educación, achegáronse á nosa Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro De Monforte de Lemos para xogar con 26 rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos. Pasaron hora e media moi divertida contestando preguntas, redactando historias e falando de D. Xosé Filgueira Valverde, persoeiro a quen se lle adica este ano as Letras Galega.