O pasado 24 de abril, na Axencia de Lectura do Concello de Toques e coincidindo coa semana do libro, levouse a cado una sesión de contacontos da man de Sole Felloza cunha gran acollida por parte dos asistentes.
OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Tras o seu paso pola ALM de Oubiña, hoxe tocoulle o turno aos rapaces da ALM de Vilariño de poderen gozar do contacontos mesturado con maxia de Expresións Producións.
A actividade “Conto contigo”, que resultou moi divertida, enmárcase dentro da programación adicada ás Letras Galegas neste mes de maio.
Hoxe, martes 12 de maio pasamos unha fermosa tarde recordando o Libro da Selva en Baio (Zas) da man de Títeres Cachirulo
O pasado sábado 9 de maio, dentro dos actos programados para a celebración das Letras Galegas, a biblioteca Casa dos Fraga programou unha fermosa contada moi especial da man de Migallas e os seus Contos do chupete, para os socios máis pequerrechos da biblioteca municipal.
Ao ritmo de “Samba samba leré…” ou “Pachín pachán pachón… a gabaranciño non pisedes” e mesmo “Os sapatos piden medias… as medias piden sapatos”… acabamos todos, grandes e pequenos, cantando no xardín da biblioteca… sen dúbida foi unha mañá de conto!
O pasado luns 11 de maio, comezamos na ALM de Oubiña a celebración das Letras Galegas 2015 nos centros culturais do municipio de Cambados.
Grazas ao programa da Xunta de Galicia, Ler conta Moito, puidemos gozar do bo facer de Expresións Producións e o seu espéctaculo de animación á lectura “Conto Contigo” que inclúe contacontos, títeres e maxia… resultou moi divertido!
O luns 11 de maio Rois os 165 nenos e neas de Rois entre 2 e 8 anos gozaron do espectáculo dos Monicreques de Kukas.
O alumnado regresou aos seus centros educativos cun peculiar helicóptero de papel, agasallo do protagonista da función.
O sábado 9 de maio ás 12:00, tivemos na sala infantil da biblioteca unha sesión de Contos do Mundo a cargo de Solidariedade Internacional. Ademais de escoitar un conto, os asistentes puideron coñecer curiosidades de Centroamérica.

O 6 de maio, na biblioteca municipal Monte Alto (A Coruña) puidemos gozar da tenrura do artista Pablo Díaz. Contounos contos, ensinounos poemas e cantamos cancións do seu último traballo: “Xente miúda moita fartura“.
Pablo Díaz é un dos nosos artistas favoritos. Sabe tratar os nenos con paciencia e agarimo, atendelos e xogar con eles. Bebés e maiores quedamos encantados coa súa visita, esperamos volver a velo pronto. Grazas, Pablo!
Anxo Moure achegouse coa súa titiricleta ata a biblioteca municipal para deleitar aos cativos dos colexios de Ponteceso e Corme coas súas divertidas historias. Moure fíxonos partícipes dos seus relatos e acabamos cantando e bailando xuntos.
O venres 8 de maio, as historias de Pepiña Maruxiña acompañaron ás nenas e aos nenos da Biblioteca municipal da Silva (Cerceda). Un espectáculo que encantou


Séguenos