“Cores” na Biblioteca Municipal do Grove
Marta Ortiz, da compañía “Tropa de Trapo”, ofreceu o venres 5 de xuño ocontacontos musical “Cores” con obxectos de reciclaxe e música.
Deste xeito conmemoramos o Día Mundial do Medio Ambiente e aproveitamos para facer a entrega dos premios do concurso de fotografía medioambiental e relato curto impulsados dende o centro de lectura.
Os nenos escoitaron os contos e bailaron ao ritmo da música cuns pasos aprendidos previamente.