Comechíns… na BPM do Saviñao
Día 5 de xuño de 2015 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Para descubrir que hai alguén máis a quen non lle gusta comer de todo (aínda que ó final resulte que si lle guste…) contamos coa actividade Comechíns na que Alba Bermúdez, dentro do repertorio do programa Ler conta moito.
Vimos que tanto nenos como persoas teñen comidas favoritas, e comidas que non queren ver por diante, pero que se se proban, non saben tan mal.
Contos para aprender a probar de todo e descubrir novos sabores e experiencias gastronómicas.
Escoitamos que algúns animais, despois de comer, se transforman.
Cociñamos unha sopa con verduras de moitas cores e sabores (patacas, cenouras, pemento vermello, repolo,…)
Ulimos un conto…
… e soubemos tamén de quen gusta de comer libros…
En fin, que o pasamos tan ben escoitando de comer e comidas, que fomos contentos buscar a nosa merenda.