Na mañá do xoves 30 de xullo visitáronnos Carlos e María de Migallas Teatro, e as súas pulgas.
Con eles Merendamos con Pan de Millo ó ritmo dos seus contos e cancións.
A Biblioteca de Boqueixón acolleu con expectación a maxia de Leo Leiño para gran delicio dos máis “pequechos”. Os seus trucos de maxia provocaron a admiración e as gañas de participar de todos os alí presentes.
Proposta divertida, participativa , amena e educativa, que se realizou nas instalacións das piscinas municipais de Sober. Tivemos con nós a Manuel Solla contando contos que por arte de maxia enchíanse de debuxos . Espectáculo de animación á lectura de gran calidade a nivel profesional e que provocou a participatición activa dos pequenos e tamén das nais e pais que os acompañaban.
O venres 24 estivo na axencia de lectura de Santiso Leo Leiño, facendo partícipe aos asistentes da súa maxia cómica a través dos contos. Tanto os nenos/as como os adultos foron sorprendidos en todo momento e cada un deles moi ilusionado pola maxia.
O pasado venres 24 de xullo o Concello de Cambados a través do programa da Xunta de Galicia Ler conta moito, levou a cabo no Parque de Torrado un obradoiro de debuxo Manga a través de Gochi, quen hai uns 10 anos sacou o seu primeiro número do fanzine Cerditos de Guinea, participando nos concursos estatais de cómic onde acadou 30 premios (os dos últimos gañados no 2014). Pero foi tras mandar unhas mostras á dirección artística da xa desaparecida revista infantil Golfiño, cando conseguiu publicar profesionalmente para ela debuxando as tiras de Trasmallo, adestrador de Piratas, das que tamén publicou dous álbums monográficos, a Santa Compaña e O tesouro de Carraxe.
Estas publicacións cristalizaron na creación da editorial Cerditos de Guinea Cómics onde se adican a publicar obras en galego, contando con títulos como Gárgolas, Os cinco loitadores, Spirou e Fantasio, Superlópez ou Sam e Twitch.
Esta é a segunda vez que visitou o municipio cun obradoiro, que contou coa asistencia de 13 rapaces e rapazas a partir de 10 anos. O temario do obradoiro de 2 horas aproximadamente baseouse nos pasos básicos e conceptos principais do estilo de BD xaponés coñecido como MANGA, o deseño de personaxes e elaboracion de bosquexo, guión e páxina de BD, así como dos materiais específicos e técnicas orixinais usadas polos profesionais xaponeses.
As prazas estaban esgotadas dende xuño.
O 23 de xullo o salón de actos do Concello de Carnota acolleu o espectáculo “O traxe novo do rei”, unha divertida adaptación do conto clásico de Anderesen, da man de Tarabelos, que engaiolou a pequenos e a maiores.
O día 22 de xullo tivemos a oportunidade de afondar na polifacética figura do galego Luís Seoane. Crearte Servizos Culturais, mediante imaxes proxectadas e pequenas actividades, permitiulle aos cativos descubrir como a arte forma parte da nosa historia e do noso presente.
O diálogo entre a educadora e os participantes foi esencial para favorecer a creatividade e a interpretación das imaxes artísticas. O obradoiro resultou marabilloso e os nenos e nenas que se achegaron á Biblioteca do Concello de Riós amosaron o seu entusiasmo en todo momento.
O pasado día 19 nas Pontes aprendimos algún trucos da man do Mago Richard e da súa Tecnomaxia. Os rapaces estiveron ben atentos tomando nota para despois poder repetir os trucos na súa casa. Foi toda una experiencia. Grazas ao mago Richard por facer que o pasásemos tan ben.
Os rapaces e rapazas das Pontes achegáronse ao mundo do planeta Mincha e de Pichück da man do seu creador Manel Cráneo o pasado sábado 18. Despois fixeron os seus propios debuxos que convertiron en chapas que levaron para a casa. Pasámolo moi ben.
Séguenos