O venres, 25 de setembro, as nenas e os nenos da biblioteca de Mera (Oleiros) desfrutaron pintando nas súas mans personaxes imaxinarios cos que despois tiveron conversas e pequenas historias inventadas. Mesmo algún pintou o brazo!!!
Polo Correo do Vento trouxo o 27 de setembro a Catoira unha divertida actividade que combinaba narración oral e ilustración. Arredor de 25 nenos/as, e outras tantas persoas adultas, coñeceron as aventuras de Roque, Magnum e o Pirata Benito Soto. Logo tiveron a oportunidade de aprender a debuxalo seguindo as instrucións do ilustrador. Para rematar, os/as pequenos/as puxéronlle cor ás viñetas.
80 nenas e nenos de 4º, 5º e 6º de primaria dos CEIPS SAn Isidro e Maciñeira disfrutaron o luns 21 de setembro dos contos narrados por Pitusa da Asociación Lisistrata. Durante unha hora escoitaron e reflexionaron sobre os mesmos,
Este xoves os rapaces e rapazas asistiron a un obradoiro na biblioteca de Chapela, onde puderon coñecer de primeira man as regras da escrita exipcia, así como moitas curiosidades das costumes e o xeito de vivir desta cultura milenaria.
Con Eugenia Muñoz os rapaces practicaron este xeito complicado de escribir, os misterios das súas regras e códigos, e gravaron os seus nomes en barro.
VER MÁIS NO NOSO BLOG.
O xoves 24 de setembro Leo Leíño visitou a Biblioteca Municipal Poeta Lois Pereiro de Monforte de Lemos. Nenos e grandes pasamos unha hora que se fixo moi cortiña xa que a maga mantivo o interés e a sorpresa e cautivou coa súa simpatía a todos os que se achegaron a vela. Esperamos que prepare outros trucos e que en vindeiros anos volva a visitarnos.
Sabedes contar un conto con palabras que teñan só unha vogal?
Sabedes que se poden facer figuras con só cinco vogais?
Pablísimo si sabe facelo e demostrouno o martes 22 de setembro na Biblioteca de Montrove, onde chegou cos contos do seu Contiario, que fixeron que o público asistente gozara cunha sesión chea de sons, vogais e historias de cego que divertiron e fixeron rir a maiores e pequenos.
Este venres 18 de setembro recibimos na ALM de Os Tilos a unhas repartidoras moi especiais: non traían pizzas, viñan traernos contos como o de Camilo Comilón e unha chea de postres que fixeron as delicias de grandes e pequenos. Contacontos divertido e participativo a cargo de Sarabela Teatro.
Na tarde do venres 18 de setembro celebramos na A.L.M. Da Capela o inicio do curso escolar con Leo Leíño , nen@s e maiores pasáronno xenial mostrandose voluntarios para participar nos números de maxia que representaron.
Nesta singular actividade, os nenos/as percorrerán un itinerario destinado a descubrir recunchos da nosa vila (Praza Maior, Praza do Cigarrón, a rúa do Pozo, e a Praza da Mercé) e gozar con fermosos versos de poetas galegas. A maiores, os/as participantes tamén gozarán dun xogo no que un gran dado decidirá o que imos escoitar! Rosalía? Filomena? Avelina? Berta? Antía? …
“Entre rúas e versos”, está destinadas a un máximo de 50 socios/as, de entre 3 a 9 anos, e trátase dunha actividade moi peculiar na que os nenos/as seguirán un itinerario poético cultural no que se le camiñando.
Os/as pais/nais interesados nestas actividade teñen a súa disposición máis información na web da biblioteca: www.bibliotecadeverin.es e no facebook da mesma.
Migallas goza dunha grande popularidade entre o público infantil de Moaña, así que a nosa biblioteca a duras penas puido dar cabida a tanta concorrencia cómplice. As cancións e a narración oral, co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor, fixeron as delicias de pequenos e maiores
Séguenos