O pasado venres, 23 de outubro, a Biblioteca de Cerceda encheuse de rapazada para recibir o espectáculo de Paco Nogueiras Brinca Vai, de aquí a acolá!! E, desfrutámolo moitísimo!!!
Esta maña no PAI de Boimorto os cativos e cativas puideron vivir experiencias cos cinco sentidos a través de lecturas e de expresión artística.
O pasado sábado 24 de outubro, a biblioteca municipal de Cambados e todas as súas axencias de lectura uníronse para homenaxear aos libros e a lectura no Auditorio Municipal.
Así programouse una xornada matinal de teatro da man de Teatro dos Gazafelhos e os seus Contos de Lobo, grazas ao programa da Xunta de Galicia Ler conta Moito, coa que se pretendeu agradecer a todos os usuarios das bibliotecas axencias de lectura, o seu apoio e a súa participación en todas e cada unha das actividades que desenvolven ao longo do ano. Así pouco antes do comezo do espectáculo, rapaces asiduos da biblioteca leron un manifesto a prol da lectura e os libros, que este ano escribíu o Premio Nacional de Literatura Infantil 2014, Diego Arboleda, e a continuación premiouse aos lectores máis activos neste ano, cun lote de libros.
Ademais, os rapaces do taller de informática e creación de blogs “A Bitácora da biblio”, participaron activamente nesta celebración e mesmo gravaron cachiños do acto para participar no proxecto de Isabel Coixet “Spain in a day”, no que milleiros de persoas de España enviarán microvídeos do que estiveron a facer ese 24 de outubro, e cos que finalmente a directora realizará un filme.
O espectáculo “Contos de Lobo” foi todo un acerto… tratábase dun conto interactivo onde se mesturou a maxia, o circo ou a hipnose…Dous personaxes dispares pero no fondo parecidos “Mon e Pe”, acordaron para contar historias onde aparecían lobos… pero ao final un fixo maxia, outra hipnotizou, os dous fixeron acrobacias… e sobre todo conseguiron que todo o público rise a cachón!
Celebramos o Día da Biblioteca con Magín Blanco que contou e sobretodo cantou, as historias de A nena e o grilo, María da locomotora María Fumaça…Unha tarde entrañable!!.

Agarimosa actividade de Palma repalma para os máis pequenos, o sábado 17 de outubro, na Casa da Cultura de Neda. Os nenos e nenas de 0 a 3 anos, asistiron coas súas familias ao espectáculo de cancións e arrolos, pasando un ratiño moi doce e entretido. Palma repalma fixo que os pais e nais se implicasen directamente no contacontos, participando das cancións e melodías. Un total de 52 persoas gozaron deste fermoso espectáculo.


Polo Correo do Vento presentou na Biblioteca Pública Municipal de Padrón: O misterio do pirata Benito Soto.
Os nenos e nenas acompañados dos seus familiares gozaron dunha xornada de contos e debuxos.


A B.P.M. de Brión celebrou o Día das Bibliotecas cunha actuación a cargo do grupo “Glup, Glup Teatro, que presentou na sala infantil da biblioteca a obra “Catalina, Lino, Lina”, un espectáculo teatral destinado a fomentar o amor polos libros e a lectura entre os nenos de 3 a 10 anos de idade.
Catalina Lino Lina, farta de agardar a que alguén abra as páxinas do libro no que habita para poder cobrar vida, decide escapar para vivir as súas propias aventuras. Unhas divertidas historias que a protagonista compartiu cos máis pequenos durante pouco máis de 45 min.
A representación celebrouse o día 23 de outubro ás 17:30 h. A ela asistiron algo máis de trinta persoas, entre nenos e adultos acompañantes. Os pequenos interactuaron activamente con Catalina, participando con interesa nos contos e historias narrados pola rapaza que habita nos libros.
O espectáculo estivo organizado pola B.P.M. de Brión co patrocinio do programa “Ler conta moito” da Rede de Bibliotecas de Galicia.

SANYO DIGITAL CAMERA

SANYO DIGITAL CAMERA

SANYO DIGITAL CAMERA
Da man de Triateros hoxe tivemos na BMP de Celanova unha sesión de contacontos baixo o lema de Comechíns. Unha boa maeira de celebrar o Día da Biblioteca dunha maneira lúdica e divertida
A maxia, as luces, o fume e incluso os animais déronse cita na biblioteca “Miguel Sande” de Pastoriza, Arteixo. 42 nenos marabilláronse co espectáculo de Leo Leíño este pasado xoves 22 de outubro no que difrutaron tanto pais, nenos e,por que non dicilo, persoal da biblioteca.


Para celebrar o día da biblioteca onte recibimos a Sole de Cucarandainas co seu espectáculo CONTOS DE PETO. Pasámolo moi ven cos contos que contou e merendamos un sándwich especial do noso amigo SAM. Foi unha tarde moi divertida.


Séguenos