O sábado 21 de novembro ás 12:00 h. celebrando “O mes da Ciencia” Nita tróuxonos á Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel a actividade “A ciencia e divertida” na que realizou un contacontos e diferentes experimentos moi entretidos para os neos e as nenas.

Outra vez Magín Blacon volveu a encher a biblioteca de rapaces e rapazas coas súas historias cheas de música e humor.

Más información sobre este evento clicando aquí.

Con motivo do mes da Ciencia Larraitz contou aos numerosos nenos e pais relatos escritos por Luisa Martínez (Unidade de Cultura Científica do CSIC de Galicia) e Martín Pérez. “As mellores vacacións do Rei Neptuno” da man do Rei Neptuno coñecemos aos habitantes do seu reino, escotamos as inquietudes dos caballitos, das baleas, dos pingüíns da Antártida e descubrimos a singularidade e a diversidade das rías galegas. Larraitz relatou tamén o conto “Ondalina” de Martín Pérez onde nos falou da brillante, fugaz e aventureira Ondalinana que na súa viaxe polo universo coñece o Buraco negro…
Na última das actividades programadas para este ano dentro do programa Ler conta moito , a biblioteca de Sober recibiu a visita de Polo correo do vento có seu traballo : O misterio do pirata Benito Soto. Contacontos muy participativo ;gran profesionalidade de dúas persoas que se “quedaron” cós pequenos , máis tamén có público adulto que encheu a nosa biblioteca. Mestura perfecta de contos e debuxos que nos fixeron pasar unha gran tarde.
O contacontos de Soledad Felloza estivo xenial¡ Asistiron unhas 60 persoas de tódalas idades e disfrutamos todo@s moito coa actuación. Foi moi dinámica e amena, xa que adaptou moi ben as propostas ás características do público asistente, tamén divertida.
Durante estas últimas semanas no centro estivemos a traballar a temática do Samaín, das emocións e especialmente do medo a través de diferentes actividades, tanto de animación á lectura coma de ludoteca, polo que entroncou moi ben coa dinámica da actividade.


Séguenos