Xarope Tulú visita Cambados
Nestas vacacións de Semana Santa, as bibliotecas e axencias de lectura do Concello de Cambados non paran a súa actividade e grazas a Ler Conta Moito puidemos gozar do bo facer de Atenea e Xarope Tulú.
Na celebración do Día da Tradición oral, apostamos por difundir as historias e contos que nos transmitiron os nosos avos, quenes na época da fame, agudizaron o seu inxenio e imaxinación, porque, como se di “A falta de pan, bos son os contos”:
“…Hainos delicadiños para comer. Hainos que comen os bens dun cura. Pero como ben din os que saben; o comer e o rañar todo o malo é empezar. Abride ben as bocas que aló vai a primeira bocada…”