O espectáculo Mans de Pablísimo enche a ALM de Castrelo
As ALM de Cambados decláranse fans de Pablísimo e as súas sesións de contacontos sempre tan orixinais e creativas!
O pasado martes iniciou o seu periplo por Cambados, na ALM de Castrelo, onde os pequenos, e non tan pequenos, puideron gozar das divertidas historias que saen das súas… Mans!
Máis de 70 persoas achegáronse a pasar un rato agradable e a seguir celebrando que abril é o mes dos libros.
Velaí van algunhas fotos…





