Pavís Pavós contando aos máis cativos da Biblioteca de Chapela
O grupo Pavís Pavós achegounos esta tarde na Axencia Municipal de Lectura de Chapela unha xenial xornada de contos e xogos.
Ladaíñas, cantigas, arrolos e moitos recursos da nosa tradición oral nunha tarde para compartir pais e nais cos seus máis pequenos.
Ver máis no blog das Bibliotecas de Redondela: http://bibliotecasredondela.blogspot.com.es/2016/04/contos-para-bebes-gozando-en-chapela.html