En BiblioPazos “MERGULLÁMONOS?” con Andrea Vazquez de “Os Piñeiriños”
Onte, xoves, 21 de abril celebrábamos o Día Internacional do Libro en BIBLIOPAZOS cos rapaces e rapazas de Educación Infantil do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e da Escola Infantil “A Galeriña” de Nespereira.
Estivo con nos Andrea Vázquez de Os Piñeiriños para contarnos os contos do seu espectáculo de narración oral “MERGULLÁMONOS?”, un conxunto de historias que nos convidaron a explorar os mundo das emocións.
Mirade, mirade que ben o pasamos.









