A LANTERNA MÁXICA


NA LANTERNA MÁXICA MESTURASE TEATRO,LITERATURA,E CINE.NESTA OCASION TRABALLARON POEMAS DE MANUEL MARIA RELACIONADOS CON ANIMAIS.FOI UNHA EXPERIENCIA ALTAMENTE POSITIVA.


NA LANTERNA MÁXICA MESTURASE TEATRO,LITERATURA,E CINE.NESTA OCASION TRABALLARON POEMAS DE MANUEL MARIA RELACIONADOS CON ANIMAIS.FOI UNHA EXPERIENCIA ALTAMENTE POSITIVA.
O 15 de abril comezamos as actividades do programa Ler Conta Moito 2016 coa visita de Jorge Juncal e María Faltri co espectáculo “Fantasía coas palabras”.
Encheron o noso salón de actos os nen@s de 1º, 2º e 3º de educación primaria do Colexio Padre Feijoo de Allariz.
Gozaron dun espectáculo musical cheo de humor, cuns fantásticos músicos en directo e a preciosa voz de María Faltri que nos fixeron recorrer o abecedario.
Pasámolo moi ben e os nenos marcharon encantados.
Xa estamos esperando a seguinte actividade.


O 14 de abril na actividade dos xoves “A Biblioteca dos pequenos” , Chio Couto achegou tanto aos nenos e nenas coma os pais cancións do cancioneiro tradicional galego. A actuación foi moi entretida e participativa.
O sábado 9 de abril Tarabelos presentou a narración ilustrada do conto “O traxe novo do rei” de H.C. Andersen con títteres de boca, títteres de mesa e miniaturas. Foi un espectáculo moi ameno e divertido co que disfrutaron tanto os nenos coma os adultos que os acompañaban.

Con motivo das celebracións do Día do Libro durante o mes de abril a B.P.M. de Valdoviño presenta a través do programa Ler conta moito varios espectáculos para público familiar. Nesta ocasión Marta Ortíz de A TROPA DE TRAPO acercounos o contacontos “Cores : contos con obxectos de reciclaxe e música” do que disfrutaron moitísimo todas as nenas e nenos e as suas familias.
Expresión Produccións achegou ata a Axencia de Lectura de San Vicente o seu espectáculo “Conto contigo” que fixo as delicias de grandes e pequenos.

Nesta tarde de contos tivemos a ocasión de coñecer a Julia unha nena a que lle encantaban os contos e descubriu un lugar máxico onde había unha chea de contos, a Biblioteca. Para poder levar contos tiña que ser socia da biblioteca e polo tanto fixo o carne. Pero so podía levar un conto. ¿Como ía a facer se lle gustaban todos os que alí estaban? Ao final, por arte de maxia, conseguiu levarse na súa mochila a todos os personaxes dos contos clásicos que mais lle gustaban.

Tamén coñecemos a Juanito que desexaba ter unha mascota pero a súa nai non lle gustaba ningunha que lle traía (elefante, león, gorila, xirafa). Despois de moito cavilar atopou a mascota ideal, un cadelo.

O XOVES 7 DE ABRIL NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL 
![libro de lume[1]](http://blogs.xunta.gal/lercontamoito/wp-content/uploads/sites/2/2016/04/libro-de-lume1-225x300.jpg)
DE SALVATERRA DE MIÑO TIVEMOS A ACTIVIDADE DE LIBROS CONTENTOS CON CARMEN DOMECH, QUE NOS TROUXO DA SÚA CASA UN LIBROS IMPRESIONANTES: UNS ARDÍAN, OUTROS BOTABAN AUGA, OUTROS NON PARABAN DE FALAR, …..OS NENOS PASARONO MOI BEN E OS PAIS TAMÉN.

A biblioteca de Monterroso tivo o venres día 8 a visita de Lili Gruyere, unha ratiña de biblioteca moi especial. Pasamos unha tarde moi divertida co protagonista dun dos contos que nos contou: O coelliño branco”.

A actividade que se realizou o venres 8 e sábado 9 de abril no espazo infantil da Biblioteca do CSC de Vite consistiu na realización de distintos experimentos científicos que foron introducidos tras ler os contos infantís relacionados. Desenvolveuse en dúas sesións tendo en conta a idade que amosaban as nenas e nenos asistentes. Ana Romero buscou a participación dos cativos, mantendo o seu interese en vilo ante os fenómenos casi máxicos que lles foi mostrando ós asistentes. Foi unha forma moi amena de aprender e de pasalo ben. Por outra parte facilitounos o desenvolvemento da actividade en días distintos . Asistiron 24 nenos e 5 adultos


Séguenos