“A casa da Manoel María”, con Teatro Babaluva.
Con Teatro Babaluva, os nenos da biblioteca municipal Monte Alto achegáronse á poesía de Manuel María, quen fora veciño do noso barrio nos seus últimos anos. Os rapaces experimentaron a facer debuxos para crear un libro despregable a partir dos versos deste autor tan querido, a quen agasallamos no Día das Letras Galegas.