20/05/2016

















O pasado 18 de Maio quixemos celebrar na Biblioteca Pública Municipal de Corcubión, a Semana das Letras Galegas. Este ano, o autor homenaxeado como sabedes é : Manuel María.
Contamos coa actuación dos nosos amigos Kike e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento, que nos presentaron “O poeta do Miño”, un conto inspirado no poema “Proclama ós peixes do Miño“, de Manuel María: o amor á natureza, o coñecemento do río Miño e o seu percorrido, a ecoloxía son nocións que os lectores reforzan nesta máxica obra.
Tamén amosamos outros libros de Kike Mauricio e Carlos Taboada que temos no noso catálogo da biblioteca como: “Violeta, a carteira bolboreta”, “Hugo, o carteiro teixugo”, “Mariquiña: a carteira andoriña” e “Martiño, o carteiro porquiño”; que nolos adicaron.
Na primeira parte: Contacontos, e xa na segunda parte da actividade realizamos un Obradoiro de ilustración no que os rapaces crearon a súa propia caricatura de Manuel María.
Os asistentes foron os alumn@s dos Colexios de educ. infantil e primaria de Corcubión e Fisterra.
Séguenos