“Romaría” de Raquel Queizás na A.L.M. Xosé Neira Vilas de Touro
Onte mércores, os/as nenos/as de Touro festexaron o día do libro infantil e xuvenil cunha “Romaría”, onde as nosas lendas tradicionais achegaron o mundo rural e antigo aos rapaces, descubríndolles á maioría un modo de vida descoñecido. O espectáculo foi un éxito, facendo que os/as nenos/as non pestanexaran.