Os Ratiños da caixa visitan a biblioteca pública de Brión




O día 8 de xuño contamos coa presenza do Mago Paco que coa súa maxia encheu a biblioteca de Coiro.
Pudemos desfrutar de trucos de maxia e contos cos que o Mago Paco arrincou risas e a participación dun
animado público asistente.
Foi un serán máxico de xuño entre libros e trucos.


O mércores 7 de Xuño Luís Vallecillo visitounos co seu espectáculo Cantamos un conto?. Cancións pegadizas e con moito ritmo que engaiolaron ó público dende o primeiro momento. Xan sen medo, Os tres porquiños ou A galiña azul foron algúns dos temas interpretados. Nenos e maiores pasamos un rato moi divertido entre contos e música.
ESPECTÁCULO CHEO DE SENSACIÓNS,SON ,PALABRAS E MÁXIA.
OS NENOS DESCUBRIRON E OS PAIS DISFRUTARON .FOI FENOMENAL.



Crearte presentou na Axencia de Lectura Municipal da Lama un obradoiro para fomentar a lectura e estimular a creatividade nos máis pequenos. Un achegamento ao mundo da pintura e ciencia de Leonardo da Vinci, experiencia que os participantes non van esquecer.
http://concellodalama.weebly.com/

CreaAPPcontos presentou o seu obradoiro Apps e Tablets na Axencia de Lectura Municipal de A Lama. A actividade permitiu aos participantes adentrarse no mundo das novas tecnoloxías mediante a elaboración dun audiconto personalizado.
http://concellodalama.weebly.com/

O pasado día 2 de xuño estivo na nosa bilblioteca Sole Felloza narrando varios dos seus contos. Encantounos!
Este sábado pasado o día 3 de Xuño, rematamos as actividades para bebés da Biblioteca Infantil e Xuvenil Durán Loriga de A Coruña, coa visita de Raquel Queizás e os seus contos.
Os contos foron sinxelos, doces e tenros para nenos tan pequenos, e acompañados tamén de boa dosis de humor o que fixo que tan ben o pasaran as familias que compartiron connosco esta tarde.
Moitas grazas a todos os que participastes nos nosos Bebencontros e na festa final. A algúns agardámosvos o próximo ano.
Ata sempre e feliz verán.
Día 2 de xuño de 2017 ás 17:00, na biblioteca de Escairón
Previamente á entrega de premios dos certames Andersen hoxe e Certame de narración e debuxo infantil Letras Galegas 2017 contamos coa animación do catálogo Ler conta moito:
da man de Sherezade Bardají
o 2 de xuño, ás 17:00 na sala infantil
Comezamos apagando as luces e quedando en penumbra, sentados no chan, cos papis ó lado ou en cadeiras ó redor da sala, tan expectantes coma nós.

Desde logo, estivemos moi atentos á historia desa nena que coñecía e xogaba con personaxes tan extraordinarias coma estas:

O sol

O cangrexo

O cabalo de mar

O peixe

O polbo

O verme

A bolboreta, que foi o resultado da transformación do verme!
Algunha desas personaxes era tan mimosa que quería darnos bicos, ou que llos deramos nós. E outra fíxonos cóxegas!
Foi moi divertido. Sobre todo coas pompas de xabrón: menudo descubrimento! Foi fantástico correr tras delas para pillalas e que desapareceran!
Rematamos coa entrega de premios e unha gran ovación ós galardoados!

Os premiados
ZENTANGLE NA AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DO CONCELLO DA LAMA

O PASADO 9 DE MAIO REALIZOUSE UN OBRADOIRO DE ZENTANGLE APTO PARA TODAS AS IDADES NA AXENCIA DE LECTURA MUNICIPAL DE A LAMA
O ZENTANGLE É UN ARTE TERAPÉUTICO QUE MELLORA A AUTOESTIMA, A ATENCIÓN, A COMPRENSIÓN DO ESPAZO E A CREATIVIDADE.
UNHA FORMA DIFERENTE DE RELAXARSE MEDIANTE A CREACIÓN DE PATRÓNS REPETITIVOS
http://concellodalama.weebly.com/




Séguenos