“Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”, na ALM de Carnota
O pasado 4 de agosto “Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica”, chegou a Carnota da man da compañía BocAberta. Unha sesión de contacontos teatralizada para público infantil que, de forma sinxela e divertida, aborda temas coma o ciclo da auga e o coidado do medio.