28/03/2016
Para celebralo Día da Auga, recibimos na ALM de Os Tilos (Teo) o espectáculo da compañía BocAberta, Carmiña Miudiña, a pinga que quería ser científica
No día do seu aniversario, Carmiña Miudiña inicia unha fantástica viaxe. Carmiña é unha pinga de auga pequerrechiña, moi miudiña, de cor azul pero cun sorriso moi grande. Vive nunha nube gris alá no alto do ceo, nunha casiña en forma de botella de auga con toda a súa familia. Ela de maior quere ser científica, como a súa avoa Filiberta. E é por iso polo que, no día do seu aniversario, a súa avoa lle agasalla un paracaídas para poder baixar ao mundo dos humanos e poder facer fantásticos experimentos. No camiño, diferentes elementos da naturaleza fan que a nosa Carmiña Miudiña percorra o ciclo da auga. Como apoio do espectáculo, fixemos un centro de interese con obras relativas ó ciclo da auga. Tivo moi boa aceptación entre o público e a artista soubo adaptarse moi ben á idade dos nenos e das nenas que asistiron
Séguenos