Construíndo o noso libro ilustrado- Gargallando na biblioteca de Bertamiráns (Ames)

O pasado sábado 26 na biblioteca de Bertamiráns os rapaces que se inscribiron no obradoiro impartido por Minia Regos convertéronse por un ratiño en ilustradores profesionais e traballaron divertidos e animados na creación do seu propio álbum ilustrado. Moi recomendable!




