“Maxia e libriños con Leo Leíño” na Biblioteca de Vilagarcía de Arousa
O venres día 27 de xullo, a biblioteca municipal realizou unha actividade de dinamización da lectura que levaba por título “Maxia e libriños con Leo Leiño”.
A través da maxia e dos contos fixeron un percorrido por historias incribles, no que a ilusión e a sorpresa encheron de risas e diversión a biblioteca.
Facendo descubrir ós participantes o universo sen límites que se agocha dentro dos libros.