ELAS PINTAN MOITO, DE MIGALLAS TEATRO NA BIBLIOTECA PÚBLICA MUNICIPAL DE PONTE CALDELAS
O pasado venres día 4 de outubro a Biblioteca Pública municipal de Ponte Caldelas acolleu o espectáculo” Elas Pintan Moito” de Migallas Teatro, onde un público entregado formado por nenos e nenas acompañados polos seus pais pasaron unha tarde divertida facendo unha viaxe polo mundo a través da vida e obra de catro pintoras. A través das artistas abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata o da creación artística