“A MAXIA DOS CONTOS” na Biblioteca de Vilanova de Arousa
O 24 de outubro, seguimos co fin de potenciar a lectura celebrando o Día da Biblioteca cunha actividade orientada aos máis novos.
Manuel Solla, acompañado dos seus personaxes, levou a cabo a representación dunha segunda versión do seu espectáculo “A Maxia dos Contos”.
Nesta tarde non faltaron os xogos, as historias e a aprendizaxe, sempre interaccionando co público de xeito divertido.
Unha vez máis a Biblioteca Municipal Irmáns Camba de Vilanova de Arousa convertiuse nun espazo dinámico, cheo de nenos e nenas con ilusión por ler.