IGUAIS, DIFERENTES EN CAMARIÑAS

Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.


Unha presa de contos, combinados con xogos, maxia e moita diversión aliaronse para darnos unha estupenda lección sobre a igualdade de xénero. Ademais houbo merenda para todos.

O 17 do presente mes tivo lugar na nosa biblio un Obradoiro de stop motion. Os destinatarios foron os nenos de 5º de primaria que a partires da combinación de literatura, fotografía e uns debuxos crearon imaxes en movemento. O obradoiro de noventa minutos, Minia Regos foi quen de trasmitirlle os nenos uns coñecementos básicos para crear imaxes en movemento.
O Mago Paco estivo na Biblioteca Municipal de Ribadumia co espectaculo Maxia 2.0.
Risas, aplausos, cores, diversión fixeron preto de unha hora as delicias de cativ@s e acompañantes.
Interactuando entre o Mago e os asistentes, a xornada pasouse nun plis plás!
Hoxe tivemos no Porriño o espectáculo de narración oral “Elas pintan moito”, que levou a cabo a Compañía Migallas Teatro.
Tratouse dunha sesión de contacontos dirixida a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. A partir da obra de diferentes pintoras e dos elementos que as inspiraron, como Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama, abordouse a cuestión da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos da vida, desde o máis cotián ata a creación artística.
Durante a sesión, as nenas e nenos, alén de coñecer as principais obras destas pintoras, descubriron facetas da súa vida persoal que as converteron en modelos de independencia fronte aos prexuízos machistas da sociedade que as rodeaba. Tamén se animou a de senvolver as capacidades creativas sen ningún tipo de traba e de ideas preconcibidas.



Nenos e nenas do CEIP de Quiroga participaron hoxe do espectáculo Noa no espello a cargo de Sarabela. Con esta actividade, divertida e participativa, fo
mentamos hábitos de lectura e promovemos a educación en igualdade.

O pasado luns, na biblioteca Daniel Castelao de Silleda, os cativos e cativas puideron desfrutar dunha actividade manipulativa na que a través de experimentos os/as participantes coñeceron a varias científicas galegas.
Trécola teatro trouxo SEN MEDO a Salceda de Caselas.Actididade de Igualdade onde os nenos e nenas de Salceda pasaron unha estupenda tarde con dos pingüíns Roi e Silo,que lles ensinaron moito e eles disfrutaron ,divertironse e aprenderon.Sen esquecernos dos papás e das mamás que sólo hai que ver as caras nas fotos

Espectáculo
de Títeres ,vida ,crime e prisión de Toribio de Mañón.

Este mércores en conmemoración do día da biblioteca, chegaron a Axencia de lectura de Santiso varios contos para a igualdade de xénero a cargo de Athenea García ( Xarope Tulú). Desta actividade participaron e disfrutaron os escolares do colexio de Arcediago.

A rapazada coñeceu a través do espectáculo “Elas pintan moito” do grupo Migallas a un grupo de pintoras: Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama




Séguenos