A maxia de Mary Poppins

Esta tarde na bibilioteca de Monterroso visitounos unha maga moi especial: Leo Leiño, cunha simpática Mary Poppins. Con contos e maxia pasamos unha tarde moi divertida.

Esta tarde na bibilioteca de Monterroso visitounos unha maga moi especial: Leo Leiño, cunha simpática Mary Poppins. Con contos e maxia pasamos unha tarde moi divertida.
Quen non soñou esperto algunha vez? Ti, eu, todos nós poderíamos protagonizar estas historias imposíbeis, historias de nenas e nenos coas que viaxar a planetas afastados, medrar e encoller o noso tamaño, converternos en monstruosos dinosauros e xunto aos indios montar a cabalo.


Hoxe ás 15:30 h, non salón de actos dá Casa dá Cultura de San Sadurniño houbo un encontro da escritora Eva Mejuto cos mozos e mozas de 3º e 4º da ESO. Ás 20:00 h. presentación do seu libro Memoria do silencio na biblioteca para público aberto. Un libro altamente recomendable.
Na Ribadavia de posguerra, as irmás Lola, Julia e Amparo Touza salvaron, entre 1943 e 1945, a máis de 500 xudeus, axudándolles a cruzar a fronteira cara a Portugal. A través da obra “A memoria do Silencio” (Xerais, 2019), a autora achegará á mocidade unha fazaña real tan apaixonante como descoñecida, fomentando o debate e reflexión sobre a memoria esquecida e silenciada das mulleres na Historia


O mércores 16 de outubro visitaron a biblioteca Tomasa a cociñeira e Antón que representaron a obra ” a cabaza encantada2, logo @s asistentes coñeceron a pelota da igualdade e da diversidade , para rematar cun obradoiro de cociña onde se desfrutou coas galletas en forma de araña e vampiro. Unha gran actividade .
Este martes, 15 de outubro tivo lugar na biblioteca de Coiro una sesión entretida de contacontos da man de Raquel Queizás.
A través de varios contos onde se nos transmitía que no mundo hai moitas cousas por desfrutar e que compartir pero sempre na tolerancia, na igualdade e na diversidade.
Nenos e adultos formaron parte dun contacontos activo e participativo cunha única mensaxe: Somos iguais!




O pasado 9 de outubro tivemos na Biblioteca de Darbo a actividade “A aventura de Daniela pirata” de Donde viven los cuentos. Contacontos moi participativo no que os nenos e nenas tiveron que superar unha serie de probas para convertérense en auténticos capitáns e capitanas piratas.


Trécola Marionetas estivo co público infantil de Boqueixón o 28 de agosto nunha representación de Xogo revolto, espectáculo con moito contido educativo centrado en mostrar como o noso comportamento inflúe no que sinten as persoas que nos rodean. Fomenta unha educación emocional de calidade, sen estereotipos, libre de violencia e respeto entre iguais.

En Boqueixón xa nos quedou claro cal é o motivo de Por que a auga do mar é salgada? Unha divertida versión coa compañía teatral Os Quinquilláns, programada pola biblioteca municipal, que inclúe un pequeno pasarrúas con bichos mariños inchables que fan moi vistoso o espectáculo.

Na mañan do día 12 de xullo, preto de 100 nenas e nenos disfrutaron do espectáculo de Teatro de Marionetas Trécola que achegou á rapazada de Boqueixón un conto clásico pero cun guión ben distinto…
Os tempos cambian e os contos non van ser menos!!
A Pirata Carla e Daniela acompañáronnos, na tarde de onte, para facer desfrutar aos nenos e nenas da axencia de lectura de Castrelo con cinco probas piratas e reflexionando sobre igualdade.




Séguenos