28/10/2019
Na biblioteca de Sanxenxo celebramos o Día da Biblioteca con Elisa & Iam facendo un obradoiro de Globoflexia.

Un final apoteósico para rematar as actividades que se desenvolveron ao longo deste mes de outubro na biblioteca. Este pasado xoves 24 de outubro Elisa e Iam puxeron o broche de ouro a un mes repleto de actividades co seu Obradoiro de Globoflexia. De aperitivo, para ir abrindo boca e ollos, uns trucos de maxia que fixeron rir a esgalla! Logo diso, o obradoiro de globos onde cada quen mostraou as súas habilidades elaborando figuras do máis diversas: cans, cintos, espadas, sombreiros…. Todos querían facer máis e mellor e todos marcharon para casa contentos e cunha brazada de figuras de globos tal que mesmo parecía que viñeran os Reis Magos!! Foi unha estupenda xornada!
Arredor de 70 persoas, moitos nenos/as de diferentes idades e tamén adultos, achegáronse á biblioteca para desfrutar a aprender. A actividade gustoulles moito a todos, a nós tamén!! E esperamos contar con esta simpática parella para o ano que ven na nosa biblioteca. Foi un pracer tervos aquí, Iam e Elisa. Moitas grazas


Séguenos