A Cinecleta na Biblioteca Municipal de Ponteareas
O pasado 18 de agosto, a Biblioteca Municipal de Ponteareas tivo o pracer de realizar unha sesión dinámica, a cargo de Brais Moure con Cóntame un cine “A Cinecleta na Biblioteca”, na que puideron desfrutar dun percorrido pola historia do cinema cunha mistura de contos. As/os cativas/os tamén coñeceron os fondos mariños das illas Atlánticas, cunha proxección dende a Cinecleta.