A festa dos monicreques triunfa no Vicedo
Unha morea de nenas e nenos do Vicedo presenciaron o espectáculo A Festa dos Monicreques, que presentou Larraitz Urruzola no salón de actos da Casa da Cultura, onde se cumpriron escrupulosamente todas as medidas de seguridade establecidas a causa da COVID-19. Houbo risas, música e moita diversión para nenos e non tan nenos.