Magín Blanco compartiu o contido das súas maletas coa Biblioteca de Coristanco
Magín Blanco realizou unha actuación o pasado 16 de outubro no Salón de Actos do Edificio de Servizos Múltiples. Na súa compaña puidemos desfrutar do contacontos musicado e as cancións máis emblemáticas do autor. Sempre é un acerto contar coa súa presenza nas nosas instalacións: gran persoa e mellor artista que nos permitiu distraernos e gozar dunha actuación divertida e animada que nos fixo bailar no asento.






