Robótica na BPM de Noia da man de Átomos.
O pasado sábado realizamos na nosa biblioteca unha actividade moi de actualidade: a robótica.
Da man de Átomos, os cativos aprenderon a importancia da innovación e investigacións científicas. Entenderon que a robótica non só serve para a creación de máquinas artificiais, senón que tamén se encarga de producir útiles tan necesarios hoxe en día coma as pantallas anti-covid. Os nenos montaron cadansúa pantalla e levárona de agasallo para a casa.
Pero iso non quedou aí… tamén montaron un pequeno robot que tamén levaron. Incluso nós tivemos o mesmo obsequio!
Actividade recomendada. Os cativos saíron cun sorriso ben grande…










Andrea Barreira tróuxonos a Carral un conxunto de elementos, ferramentas e ideas coas que adquirir destrezas para crear as nosas propias narracións. Os rapaces asistentes desfrutaron das técnicas que lles trasnmitiu Andrea e foron creando historias coas que construíron un fancine. Foi unha mañá divertida e creativa.








Onte tivemos con nós a Paco Nogueiras facendo que toda a cativada, pais e nais bailasen ao seu ritmo, coa sintonía de Radio Bule Bule. Un espectáculo baseado nun libro cd-dvd editado pola editorial Kalandraka, cheo de música, baile e moito humor. Fomos para casa coas pilas ao tope de marcha!!



Séguenos