Bibliodiscoteca, María Faltri Picadiscos en Abegondo
O pasado 28 de xullo a rapazada de Abegondo pasouno en grande nunha xornada moi moi divertida, non hai máis que ver as fotos que así o testemuñan. Os nenos e nenas bailaron, xogaron e riron, do cal tiñan moita falta. Espectacular a actuación de María Faltri!