Grandes receitas

Iria Iglesias e Dani Viéitez ( @estudio gnomo ) presentaron en Sober a súa proposta para una alimentación equilibrada, a través do” Raposo Rufo” e as súas receitas de comida sa e equilibrada. Os creadores involucraron aos nenos e nenas na elaboración de pratos , amosándolles que a cociña pode ser divertida e deliciosa, elaborando receitas que eviten o abuso de azucre e graxas, dándolle importancia aos productos naturais como froitas e verduras.


Obradoiro “Agasállate” de Iria Mejuto, realizado na Biblioteca Municipal de Culleredo, en O Burgo, o mércores 14 de xullo. Rapaces encantados coas ideas prácticas e creativas para obsequiar algo feito por eles mesmos. 


Os nosos agradecementos a Pakolas por facernos pasar unha tarde tan divertida.




















Séguenos