Aldara na montaña na Axencia de Lectura de San Vicente
Nesta historia Aldara comeza a súa primeira viaxe lonxe da casa, pero non estará soa terá a axuda de Lebre, Pallaso e Aguia e con eles buscará o Fogar das Estrelas.
A música foi a parte fundamental desta historia xa que a nosa protagonista toca co acordeón o “Pasodobre de San Roque” que nos acompañará durante toda a súa viaxe.
Unha maña moi divertida na que os nen@s estiveron moi atentos e participaron en todo momento da historia e da que saimos todos “tarareando” o Pasodobre de San Roque
Séguenos