O mago Paco na Fonsagrada
O pasado domingo 17 de maio o público de A Fonsagrada, en especial os máis pequenos disfrutaron moito da actuación do mago Paco. Este espectáculo estaba enmarcado no Festival das Letras Galegas que cada ano organiza a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros. Entre outras cousas entregaronse os diplomas aos gañadores do concurso de relatos para conmemorar o día das nosas letras, quenes nos agasallaron coa súa lectura. Os nenos estuveron moi participativos e o pasaron xenial.














No Día das Artes Galegas adicado a Laxeiro desfrutamos na Biblioteca Municipal de A Fonsagrada dun obradoiro de creación plástica no que se coñeceu ao artista e nos achegamos á súa obra e ás cidades onde desenvolveu a súa vida. Neste taller fomentouse a creatividade coa elaboración dunha peza coas técnicas pop up e pregado de papel. Esta actividade animou á lectura e descubriu a importancia das artes como medio de expresión artística. Primeiro fíxose unha parte teórica introducindo os conceptos literarios e artísticos necesarios para o desenvolvemento da parte práctica e finalmente os nenos comezaron a crear os seus propios libriños coa técnica de pop up e pregado de papel.


Séguenos