En Parada de Sil fixemos un doce riquísimo de chocolate co cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa recorrendo o mundo
O cociñeiro Antón e a pasteleira Tomasa fixeron as delicias de nenos e maiores no sábado 7 de agosto na Axencia Municipal de Lectura de Parada de Sil.
Explicáronlle á cativada as súas aventuras para participar no programa de televisión ‘Master Comellón’ e presentar o millor pastel de chocolate do mundo mundial, arrincando numerosas risas dun entregado público recorrendo os mares na procura de cacao e loitando contra todas as adversidades que se lle encaraban.
Ao final tivemos un obradoiro con chocolate que nos lambemos os dedos e botamos unhas boas risas.










