Saltar a ligazóns de pé de páxina
01/10/2021
O xoves 9 de setembro tivemos a visita de Trécola Teatro na Biblioteca de Lorbé coa sesión O león azul.

As contadoras representaron unha historia moi emotiva sobre o maltrato animal. Durante a narración cantaron, bailaron e utilizaron marionetas, acompañadas dun escenario e unha vestimenta moi coidados.
Foi unha sesión magnífica que nos tivo a todos moi atentos!
Saltar á cabeceira