Enredos, Xogos e xoguetes, de Trécola Producións, na BPM de Narón
O sábado 9 de novembro a compañía Trécola producións ofreceu ás familias de Narón con bebés entre 0 e 36 meses un obradoiro colaborativo co que coñecemos diferentes actividades de inspiricación Montessori, Waldorf, Pickler ou Reggio Emilia. Aprendemos sobre os distintos intereses e necesidades das crianzas, compartimos receitas de diversión, e fabricamos un xoguete para a nosa crianza.